Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Curso de Intelixencia emocional e competencias transversais na aula (Campus de Vigo)
Formación de Profesorado
03-05-2017 ata: 11-05-2017Está aberto o prazo de preinscrición do curso de Intelixencia emocional e competencias transversais na aula.
As competencias transversais son aquelas xenéricas e comúns para a maioría das profesións e que se relacionan coa posta en práctica integrada de aptitudes, trazos da personalidade, coñecementos e valores adquiridos. Esta actividade formativa ten como finalidade afondar no desenvolvemento das competencias transversais para o desenvolvemento persoal e profesional (autoestima, empatía, asertividade, traballo en equipo, resolución de conflitos...).
Calendario: 3, 4, 9, 10 e 11 de maio.
Horario: de 16.30 a 20.30 horas.
Ligazón para preinscribirse: https://bubela.uvigo.es/curso/3000