Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Curso Estratexias para visibilizar a produción científica (Modalidade virtual)
Formación de Profesorado
08-05-2017 ata: 19-05-2017Está aberto o prazo de preinscrición do curso Estratexias para visibilizar a produción científica.
O curso pretende dotar ás persoas participantes das nocións básicas no manexo de bases de datos científicas así como dos indicadores bibliométricos que cada unha delas ofrece. Está dedicado á creación de perfís científicos para monitorar e aumentar a visibilidade da nosa produción científica, no manexo e creación de sistemas de alertas tanto bibliográficas como de impacto, así como o uso de xestores bibliográficos sociais. Tamén incidirá no uso de identificadores de autor/a así como na xestión, exportación e importación do CV científico a distintas plataformas e formatos, con especial incidencia no CVN, ORCID, ResearcherID e o Author Identifier de Scopus.
Calendario: do 8 ao 19 de maio.
Ligazón para preinscribirse: https://bubela.uvigo.es/curso/2997