Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
AUGAVENTURA PRIMAVERA CAMPUS MAR LIFE 2017
A Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo e o Campus do Mar volven apostar polos deportes acuáticos nunha nova edición de Augaventura-Campus Mar Life primavera 2017, onde se propoñen ata sete actividades como son Bautismo de Surf, Rafting, Wakeboard, Flyboard, Windsurf, Paddlesurf e a Ruta da Illa de San Simón (Kaiak-Andaina).
Todas as inscricións e pagamentos deberán realizarse en www.deporxest.uvigo.es e están destinadas aos membros da comunidades universitaria (Alumnado, PDI e PAS) e aos das institucións que forman parte da Agrupación de I+D do Campus do Mar.
O Bautismo de Surf celebrarase na Praia de Patos (Nigrán) e conta coa colaboración de Prado Surf Escola. O prezo da actividade é de 3 euros para o voluntariado de Campus Mar-TDU e 5 euros para o resto da comunidade universitaria.
A entidade Arrepións será a colaboradora da actividade de Rafting que será os días 31 de marzo e 21 de abril. Levarase a cabo no río Miño, á altura de Arbo. O prezo é de 10 euros para o voluntariado e de 15 euros para o resto da comunidade universitaria. A actividade prolongarase durante catro horas.
A ruta Illa de San Simón (Kaiak-Andaina) celebrarase o 1 de abril (a data límite de inscrición será o 22 de marzo). O prezo desta proposta acuática é de 7 euros para o voluntariado e 10€ para o resto. Colabora nesta actividade Marexada.
A seguinte proposta é o Flyboard que nesta ocasión se leva a cabo no club náutico de Raxó e no Liceo Marítimo de Bouzas (Vigo). Cunhas tarifas de 12€ para o voluntariado e 18€ para o resto. Nesta edición teremos dous grupos: o 1 e o 22 de abril.
O Wakeboard desenvolverase en Bouzas (Vigo) e en Moaña. Prezos especiais de 7€ e 10€
A actividade Windsurf será a quinta das propostas para o Augaventura-Campus Mar Life Outono 2015, unha actividade para a que contan coa colaboración de Tierra y Mar que se realizará na Escola de Vela Federación Galega de Vela-Bouzas. O prezo oscila entre os 7 e os 10 euros e se desenvolverá ao longo de dúas horas aproximadamente. O 26 de marzo é a data límite de inscrición o día de realización o vindeiro 4 de abril.
A novidade desta edición será o Paddlesurf que se celebrará no Vao-Toralla (Vigo) e no río Lérez (Pontevedra), cun prezo de 10€ para voluntariado do Campus do Mar e persoas con TDU e 15€ para o resto da comunidade universitaria.
https://www.deportes.uvigo.es/bs-blog/Augaventura-primavera-Campus-Mar-Life-2017/
- extension@uvigo.gal
- 986 812 182