Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Axudas para matrícula nun máster oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de desemprego, curso 2016-2017
Bolsas e axudas
15-09-2016 ata: 15-10-2016
Con data do 15 de setembro de 2016, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou a Orde pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para a matrícula nun máster universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de desemprego, para o curso 2016-2017.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de outubro de 2016.
En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico: 012@xunta.es
Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico: orientación.sug@edu.xunta.es
- bolsas@uvigo.gal
- +34 986 813 611