Secretaría Uvigo

Comercio xusto - Oxfam Intermón

NomeComercio xusto - Oxfam Intermón
Obxectivo xeralContribución na transformación da realidade social e as regras do comercio internacional a través da incidencia nas políticas públicas, a sensibilización e mobilización da sociedade e o fortalecemento do sector do Comercio Xusto.
Obxectivo específicoSensibilización da cidadanía e xeración de coñecemento en torno ao comercio xusto, difundíndoo e amosando a súa viabilidade como alternativa de consumo, para así contribuír ao desenvolvemento sostible das comunidades de produtores e produtoras, ofrecendo mellores condicións comerciais e asegurando os seus dereitos como axentes que traballan neste ámbito, especialmente no sur.
Entidade promotoraFundación Oxfam Intermón
Data inicio18/01/2023
Data fin
Persoas destinatarias
Infancia
Minorías étnicas - persoas migrantes
Muller
Persoas solicitantes de protección internacional
Poboación en protección ou en risco de exclusión social
Poboación en xeral
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoNon se precisan coñecementos ou formación especiais pero si unha actitude aberta e solidaria e unha preocupación pola defensa dos dereitos humanos e a loita contra a pobreza e a exclusión cunha perspectiva de dignidade de todas as persoas e defensa dos dereitos humanos, aquí e no resto do mundo.
Funcións voluntariadoIntegrarse nun equipo multidisciplinar de persoas voluntarias.
Contribuír a xerar cambios reais que impulsen un modelo de sociedade global máis xusta e igualitaria.
Difundir o comercio xusto como unha alternativa dentro do consumo responsable.
Colaborar nas tarefas da tenda de comercio xusto.
Actividades- Atención ás persoas que entren na tenda para sensibilizar e transmitir os criterios básicos e valores do comercio xusto e o consumo responsable, ofrecéndolles información sobre os grupos produtores, os produtos e a actividade de Oxfam Intermón, na tenda e na súa zona.
- Definir e levar a cabo actividades e iniciativas de sensibilización sobre as temáticas da organización e as causas da pobreza, dentro e fóra da tenda. Participar ocasionalmente en actividades externas á tenda (talleres didácticos, mercadiños…).
- Participar activamente nas reunións do equipo. Estar ao día das comunicacións internas.
- Participar nas formacións para ampliar os coñecementos sobre o comercio xusto, o labor de Oxfam Intermón e as campañas e actividades que realiza.
Toda a actividade da persoa voluntaria estará supervisada por outra/o voluntaria/o con experiencia e titorizada por una persoa responsable de recursos humanos do equipo de Vigo.
Ten contacto con menoresNon
Tempo adicaciónUnha quenda de catro horas (mañá ou tarde) pero pode aumentarse segundo o interese da persoa voluntaria
Lugar realizaciónLocal de Oxfam Intermón en Vigo. Rúa Triunfo, 4, 36202 Vigo, Pontevedra
Observacións
Coordinadores

María Luz Valencia González:
627464143 / mlvalencia@gmail.com
Xoves de 17:00 a 20:30

Enrique Pajón Fuste:
649261284 / enrique.pajon@trw.com
Venres de 17:00 a 20:30