Guia docente 2010_11
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación

Servizos e infraestructuras do centro

BIBLIOTECA CENTRAL DO CAMPUS DE PONTEVEDRA

Tel: 986802006 / 986801996 / 986802002 / 986802001 Fax: 986801997

E-mail: dirbcp@uvigo.es subdibcp@uvigo.es presbcp@uvigo.es (Préstamo)

refbcp@uvigo.es (Referencia) hembcp@uvigo.es (Hemeroteca)

Horario:

Normal: 8:30 – 21:00

Extendido (datas de exames): 8:00 – 3:00

Reducido(período vacacional): 9:00 - 18:45

Servizos ofertados pola biblioteca

  • Libros de préstamo: podes coller calquera libro da biblioteca excepto os de so consulta. Se non o hai podes pedilo a rede central de bibliotecas, e recollelo cando chega. Aviso mediante correo electrónico. Os pedidos que non se recollen, devólvense ás 48 horas, xa que caduca o pedido.

TIPOS DE USUARIOS
CONDICIÓNS DE PRÉSTAMO
Estudantes de 1º e 2º ciclo da Universidade e centros adscritos
3 obras, 10 días, 2 renovacións
Persoal Docente e Investigador da Universidade, centros adscritos, e profesores visitantes
40 obras, tempo indefinido
Estudiantes de 3º ciclo da Universidade e centros adscritos, persoas en período de elaboración de tese ou de proxecto, e bolseiros ou contratados de investigación
10 obras, 30 días, 5 renovacións
Persoal de Administración e Servizos
3 obras, 10 días, 5 renovacións
Esternos autorizados
2 obras, 7 días, 2 renovacións
Servizos de goberno e xestión da Universidade
Nº ilimitado de obras, 1 año, renovables
Proxectos de Investigación
Nº ilimitado de obras, tempo indefinido, responsable o titular do Proxecto
Laboratorios
Manuais, nº ilimitado de obras, tempo indefinido, a cargo do responsable do Laboratorio

  • Libros de consulta: existe unha sección da biblioteca reservada á consulta de libros.
  • Hemeroteca:  Na hemeroteca podes consultar a prensa. Están dispoñibles as principais publicacións tanto galegas como casteláns a partires de 1996. Existe ademáis un servizo de biblioteca virtual (http://webs.uvigo.es/servicios/biblioteca/hemeroteca/unoa.htm) no que podes acceder ás publicacións on-line, tanto xornais como revista, de modo gratuito.
  • Fotocopiadora: para facer uso da fotocopiadora é preciso comprar unha tarxeta en reprografía (1º andar). Se tes algunha dúbida, pregunta ós encargados da bilbioteca.
  • Servizo de referencia: os propios profesionais encargados do mantemento da biblioteca oferta nun servicio de axuda de busca de información ós alumnos que así o desexen.
  • Salas de visionado: existe a posibilidade de utilizar unha sala de visionado equipada cun DVD e un VHS Multinorma e un televisor, así como o uso de outra sala equipada cun equipo de audio de casete e CD.

Tamén existen á disposición do público 3 ordenadores para uso académico con posibilidade de reserva e 2 escáner. Tanto para o uso das salas coma dos ordendores hai que deixar os datos á entrada.

CONSERXERÍA (1º andar)

Tel: 986801999 / Fax 986 801 997

Mail: consfcs@vigo.es

Entre as tarefas que se realizan en conserxería son de alto interese para o alumno:

  1. Atención e información xeral, orientación á oficina pertinente
  2. Información da publicación das notas e a revisión (ollo, NON consulta das notas)
  3. Coller follas de solicitude de material e entrega da folla amarela
  4. Entrega de chaves de despachos e laboratorios previa autorización
  5. Recollida entrega de paquetes
  6. Obxectos perdidos
  7. Poñer carteis e permiso para poñelos
  8. Servicio telefónico: se queres falar con algún profesor en concreto, podes chamar ó 986801999 e porante en contacto co seu despacho.
REPROGRAFÍA (1º andar):

Co servicio de copistería da facultade está dispoñible para:

  • Papelería e consumibles referentes á facultade como cintas miniDV
  • Venda de libros
  • Servicio de impresión de material entregado en formato dixital (disquete, cd).
AULAS INFORMÁTICA:
Aula Internet Campus: (1º andar):

Horario: 9:00 a 21:00

3 becarios que se encargan da vixiancia na aula

A aula está equipada con 22 ordenadores +1 para o becario

Requisitos: Presentar tarxeta de estudiante da Universidade ou, no seu defecto, tarxeta de asociado

Usuario:alumno     Contrasinal: (baleiro)

Usos: Internet, navegar pola rede e correo electrónico. Non se poden instalar programas

Aulas de informática 1 e 2 (2º andar):

Horario: mirar na porta da aula ou preguntar en conserxería. Horario flexible dependendo da dispoñibilidade dos becarios.

A aula está equipada con 30 ordenadores +1 para o becario

2 becarios que se encargan da vixilancia na aula

Requisitos: Presentar tarxeta de estudiante da Universidade ou, no seu defecto, tarxeta de asociado ou acreditación de estudante da facultade de Ciencia Sociais e da Comunicación. Estas aulas están so a disposición dos alumnos desta facultade.

Usuario:alumno      Contrasinal: (baleiro)

Usos:

  • Internet, navegar pola rede e correo electrónico
  • Traballo con aplicacións informáticas tales como o paquete de Office, Photoshop ou Corel Draw
  • Non se poden instalar programas
ZONA WIFI:

A zona wifi (Internet sen cables) da nosa facultade está protexida por contrasinal. Para poder acceder a Internet a través do teu portátil, é necesario que actives a túa conta de correo da Univeridade xa que é o nome de usuario da rede da Universidade.

Nome de usuario: (nome da conta)@alumnos.uvigo.es

Contrasinal: o contrasinal da túa conta de correo

SERVIZOS ON-LINE:

· A web da facultade:

A través da páxina da Universidade (www.uvigo.es) pódese acceder a ela, ou a través da dirección www.csc.uvigo.es. Nesta páxina atoparás toda a información que precisas sobre a túa titulación ou cousas de alto interese da facultade.

· Axenda CSC, a blog da facultade

Axenda CSC é unha blog que contén noticias e enlaces de interese para os alumnos da facultade.

Podes acceder a ela na dirección http://www.axendacsc.blogspot.com ou a través das ligazóns da páxina da facutlade (http://www.csc.uvigo.es)

· Secretaría virtual

Os estudantes tamén poderán facer uso, en calquera momento, de servizos da Administración a través da páxina web da Universidade. A secretaría virtual permite a opción de consulta do expediente académico e do estado das bolsas do MEC, así como a automatrícula nos períodos concretados para tal fin. Para poder acceder a este servizo, os alumnos deberán introducir como número de usuario,

GABINETE DE COMUNICACIÓN

Dende este Gabinete de Comunicación, ao servizo de toda a comunidade universitaria, organízanse eventos institucionais (congresos, seminarios, conferencias e outros actos rotocolares), ademáis de dossieres sobre todo canto se publica referente ao centro, accións publicitarias do mesmo e contacto cos medios de comunicación (organización de roldas de prensa, envío de comunicados de prensa, etc.) Calquera alumno que se queira unir ao gabinete de comunicación ha de poñerse en contacto cos profesores responsables nos é-mails abfsoutovigo.es ou jmcorbachovigo.es, ou no despacho de Qualitas (segundo andar, 258).

O traballo é voluntario, pero a finais de curso repartiranse 10 créditos de libre configuración para os 10 alumnos que máis actividades realizaran durante toda a temporada (outubro – xuño)

GABINETE TÉCNICO AUDIOVISUAL (1º andar):

O departamento técnico da Facultade está composto por dous técnicos: Manuela (turno de mañá) e Xulio (turno de tarde).

As súas funcións son:

  • Mantemento de equipo técnico
  • Manexo de medios técnicos
  • Asesoramento alumnos profesores: pregunta cando teñas algún tipo de dúbida sobre o material a empregar

Solicitude de material: o departamenteo técnico é o encargado de firmar as follas de pedido de material. Non esquezas que ó devolver os equipos, has de cubrir o parte de incidencias, onde deberás apuntar o número e duración das baterías empregadas e os desperfectos que puideran sufrir os materiais empregados.

Este é o equipamento dispoñible para a elaboracións dos vosos productos audiovisuais: 6 cámaras JVC + 6 cámaras Panasonic Prosumer; 12 trípodes; 5 monitores,

Iluminación: 2 antorchas de iluminación, 5 reflectores, 4 maletas de cuarzos

Microfonía e son: 4 micros de cañón, 6 micros dinámicos, 3 micros de condensador, 4 micros de corbata arámicos, 1 estación inarámica, 1portátil híbrido telefónico, 1 mesa de mesturas portátil, 1 dolly (caranguexo).

LABORATORIO RADIO 1 (2º andar):

estudio de Radio 1 está equipado con: 1 PC con software de edición de son , 5 micros + 1 para facer autocontrol, 1 Mesa de son, Lectura de: DAT, DCC, CD, Casete e Xiradiscos, 1 Equipo Protools completo (software + hardware: mesa de son dixital).

Para solicitar o estudio é necesario cubrir a folla de pedido de material que podes conseguir en conserxería, e ha se ser firmada polo técnico de turno e un docente que leve os estudios de radio (podes preguntar en conserxería).

LABORATORIO RADIO2 (2º andar):

O estudio de Radio 2 está equipado con:

Sala de control: 1 Mesa de son, 3 PC (1 servidor e 2 ordenadores equipados con Mar4win), 2 Pletinas casete, 3 Pletinas cd, 1 Lector - Gravador cd, 1 Sintonizador radio, 1 lector – gravador Minidisc.

Estudio: 5 micros nun estudio aíllado do control

Para solicitar o estudio é necesario cubrir a folla de pedido de material que podes conseguir en conserxería, e ser firmada polo técnico de turno e un docente que leve os estudios de radio (podes preguntar en conserxería)

POSTPRODUCCIÓN (2º andar):

A aula de postproducción está equipada con: 10 cabinas equipadas con PC, altavoces e monitor con AVID, 1 cabina de repicado ou cambio de formato (DVD, MiniDV, VHS multinorma), 1 servidor en rede, 4 magnetoscopios para o volcado de imaxes.

Como conectar servidor e PC:

Para traballar co servidor, é necesario acender o “launcher”, e acender despois o PC. Se aínda así e todo no funciona, na esquina inferior dereita existe un pequeno icono con forma de reloxo de area; fai dobre clic sobre el se está en vermello e se che pide contrasinal, introduce “Universidade de Vigo” sen comiñas, e preme aceptar. En caso de ter algún problema, podes acudir ó gabiente técnico audiovisual.

PLATÓ (3º andar):

O plató de Ciencias Socias e da Comunicación, de 70 m2, está equipado con: 3 cámaras, Parrilla de focos, Croma verde.

Anexo a plató: material de iluminación (difusores)

Plató de usos futuros: material para decorados

CONTROL DE REALIZACIÓN (3º andar):

O equipamento de control consta de: Monitorado completo, Mesa de son, Mesa de mesturas, Mesa de edición analóxica.

CAFETERÍA (2º andar):

Teléfono: 986802042 (preguntar por Rosa)

Horario: 8:00 – 20:30  Horario comedor: 13:00 – 16:00

Na cafetería sérvese todo tipo de bebidas, bocadillos e bollería diversa.

Na cafetería tamén podes facer unha reserva para uns pinchos, sempre cun día de antelación, e se o comedor está ocupado, podes reservar o comedor interior, cubrindo un papel, que che facilitarán en conserxería, firmado polo decano.

Na cafetería e no comedor non está permitido fumar.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000