Guia docente 2010_11
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación

Estudiantes

CARNÉ DE ACREDITACIÓN DE ESTUDANTE

Todo alumno debe ter no seu haber o carné de acreditación de estudante, que lle permita acceder aos distintos servizos da Universidade: préstamo de libros, acceso aulas de informática… Para conseguir este carné hai que cubrir un formulario, dispoñible na Administración e entregar unha fotografía. Se se desexa que o carné funcione ao mesmo tempo como tarxeta de débito con BSCH haberá que inserir o número de conta.

SOLICITUDE DE CONTA DE CORREO:

Ó ser alumno da Universidade, tes por defecto unha conta de correo. Entra en www.correoweb.uvigo.es e segue as instruccións para obter a túa conta.

FICHAS PARA O PROFESORADO:

Entregarase ao comezo de cada cuatrimestre unha ficha a cada profesor que levarán os datos persoais e unha foto do alumno. As fichas poderanse solicitar na Conserxería.

DELEGACIÓN DE ALUMNOS

Esta Delegación ten a súa sede permanente no primeiro piso.

A Delegación de Alumnos está formada por todos os delegados dos distintos cursos de cada unha das tres titulacións, un Secretario e un Delegado Coordinador, escollido polos delegados para a coordinación das actividades.

Este departamento ten como finalidade:

  • Canalizar as peticións dos estudantes en tema de horarios de clases
  • Organizar cursos e seminarios de interese para os estudantes.
  • Tramitar as queixas dos alumnos contra un profesor.
  • Recoller información de diversas organizacións, seminarios… e informar aos estudantes deles, ben a través dos delegados das clases, ben a través da súa comunicación nos taboleiros da Facultade.
  • Elaborar unha base de datos dos estudantes dos últimos cursos para informalos de posibles ofertas laborais.
  • Xestionar o reparto de taquillas da Facultade.

A Delegación de Alumnos tamén conta cun caixa de correo de suxerencias aberto ao uso de calquera estudante. O horario de atención aos estudantes é diariamente de 15:30 ás 16:00 horas.

PROGRAMA DE BOLSAS SOCRATES-ERASMUS: 

Sócrates é o programa da Unión Europea para a cooperación no ámbito da educación. Socrates financia oito accións. A segunda delas é a denominada Erasmus, adicada ó ensino superior. Eramus financia, entre outras actividades, a mobilidade de estudiantes entre universidades europeas participantes no programa. As bolsas Erasmus teñen destinos tan variados como Austria, Suecia ou Italia, entre moitas outras, e, para Ciencias Sociais e da Comunicación ofértanse arredor de 30 prazas anuais para viaxar ó estranxeiro.

Tel.: 34 986 813550 or 34 986 813819 Fax: 34 986 813550 E-mail: ori@uvigo.es, ori1@uvigo.es http://www.uvigo.es/relaciones/

PROGRAMA DE BOLSAS SOCRATES-ERASMUS: 

SICUE-SENECA é o programa de mobilidade de estudantes entre universidades españolas, lévao o servizo de alumnado. Este ano hai prazas para 25 universidades españolas. SICUE é o programa de intercambio, SENECA son as bolsas que concede o ministerio para axudar á mobilidade dos estudantes.

Toda a información de SICUE está en:

https://webs.uvigo.es/vicoap/vicoap1
Telf de contacto 986 813 595    e-mail:  alumnado01@uvigo.es
Toda a información de SENECA está en:
https://www.uvigo.es/servicios/alumnado/index.gl.htm

Se queres coñecer quen é o coordenador da area de relacións internacionais da Facultade: Paulino Pérez Feijoo. (Vicedecanato).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000