Guia docente 2010_11
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Empresa: Fundamentos de organización e xestión empresarial
   Competencias de titulación
Código Descrición
A11 Estudo do departamento de comunicación nas empresas e institucións e das habilidades e técnicas necesarias para a súa dirección de comunicación e, en especial, da xestión do coñecemento e dos intanxibles da empresa. Coñecemento teórico e práctico das técnicas de xestión en empresas de comunicación
A13 Destrezas sobre o entorno: Capacidade de describir e diagnosticar as cuestións fundamentais da comunicación na sociedade contemporánea
B1 Competencia interpretativa do entorno: capacidade para interpretar, analizar e interpretar o entorno económico, político, socio-cultural, tecnolóxico e comunicativo
B3 Capacidade de analizar os elementos da comunicación e xerar os coñecementos nesta disciplina
B4 Capacidade de análise, de síntese e de xuízo crítico
B5 Capacidade de fixar obxectivos relacionando causas e efectos
B6 Capacidade para administrar o tempo, con habilidade para a organización de tarefas
B7 Capacidade para actuar en liberdade con responsabilidade, asumindo referentes éticos
B9 Capacidade de adaptación aos obxectivos organizativos e de traballo en equipo
B10 Capacidade de relacionarse coas persoas e coa contorna desde a identidade e os valores organizativos
B11 Capacidade de asumir o liderado en proxectos, xeríndoos eficientemente e asumindo compromisos de responsabilidade social
B12 Capacidade para o traballo en equipo a través da comunicación oral e escrita
B13 Preparación para asumir o risco na toma de decisións
B14 Capacidade para a xestión económica e orzamentaria no ámbito da súa actividade
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000