Guia docente 2010_11
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Teoría e práctica das relacións públicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Obradoiros Valorarase a participación activa nos obradoiros. Para alumnos non asistentes proporase unha actividade alternativa de similar valor, que deberán entregar no prazo indicado polo docente. 5
Resolución de problemas e/ou exercicios Valorarase a participación activa do alumno na resolución dos problemas ou exercicios que se desenvolverán na aula, así como a calidade dos resultados presentados. Para alumnos non asistentes proporase unha actividade alternativa de similar valor, que deberán entregar no prazo indicado polo docente. 10
Estudo de casos/análises de situacións Valorarase a participación activa do alumno na resolución dos estudos de caso que se desenvolverán na aula, así como a calidade dos resultados presentados. Para alumnos non asistentes proporase unha actividade alternativa de similar valor, que deberán entregar no prazo indicado polo docente. 10
Traballos e proxectos O alumno deberá entregar por escrito e dentro do prazo que se estableza un proxecto grupal e un ensaio individual sobre un tema que se determinará durante as sesións docentes. Na valoración destes traballos terase en conta a participación do alumno nas sesións docentes dedicadas ao seguemento dos proxectos, así como na sesión de exposición 35
Probas de tipo test Trátase dunha proba para avaliación das competencias adquiridas, que inclúe preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellar elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades.

Valorarase o nivel de comprensión dos conceptos esenciais das materia e o grao de profundidade dos coñecementos do alumno.
40%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:

Para aprobar a materia deberanse cumprir os requisitos que se mencionan a continuación:

-          Otber un mínimo de 1.5 puntos sobre 4 na proba tipo test.

-          Obter unha puntuación mínima total de 5 puntos.

Non poderá superar a materia ningún alumno que incumpla algún dos dous requisitos mencionados.

SEGUNDA CONVOCATORIA

Os alumnos que non se presenten á primeira convocatoria ou non superen a materia, terán a opción de facelo na convocatoria de xullo, tendo en conta as seguintes cuestións:

- Os alumnos que obtiveron na primeira convocatoria da proba tipo test unha puntuación mínima de 1.5 puntos sobre 4 poderán conservar a nota se o desexan. No caso de que o alumno se presente á proba nas dúas convocatorias, a cualificación que se terá en conta será a segunda, independentemente de que sexa menor ou maior que a obtida na primeira convocatoria.

- O alumno tamén poderá conservar, se o desexa, tanto a nota do ensaio individual como a do traballo grupal. Os alumnos que desexen ter a opción de incrementar a nota nestes apartados por teren a materia suspensa, poderán presentar outros traballos alternativos de semellantes características e similar valor. A temática destes traballos, que neste caso se desenvolverán só de xeito individual, será proposta polo docente no momento de facer públicas as cualificacións da primeira convocatoria e deberán ser entregados o día da celebración da proba da segunda convocatoria. No caso de o alumno presente traballos nas dúas convocatorias, a cualificación que se terá en conta será a segunda, independentemente de que sexa menor ou maior que a obtida na primeira convocatoria.

- En canto á cualificación obtida nos obradoiros e nas sesións dedicadas a estudos de caso e resolución de problemas e exercicios, estas puntuacións entenderanse como un único bloque. O alumno poderá, se o desexa, conservar a nota obtida neste bloque. Os alumnos que desexen ter a opción de incrementar a nota nestes apartados por teren a materia suspensa, poderán realizar unha serie de actividades alternativas propostas polo docente no momento de facer públicas as cualificacións da primeira convocatoria e deberán ser entregadas o día da celebración da proba da segunda convocatoria. No caso de o alumno obteña puntuación neste bloque nas dúas convocatorias, a cualificación que se terá en conta será a segunda, independentemente de que sexa menor ou maior que a obtida na primeira convocatoria.

Se o alumno non supera a materia na segunda convocatoria deberá cursar novamente a materia, adaptándose á guía docente que estea vixente no curso en cuestión, e, polo tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000