Guia docente 2010_11
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Estratexias da Comunicación Publicitaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Exame escrito da materia na data correspondente 40
Traballos tutelados Asistencia as sesións de seminario para o desenvolvemento do proxecto de curso. Cumprimento dos prazos de entraga dos resultados parciais. 20
Proxectos Elaboración dun proxecto de curso. BRIEFING DE CAMPAÑA PARA UNHA EMPRESA REAL 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

NORMATIVA DE AVALIACIÓN DA MATERIA


CURSO 2010-2011


1. DA NATUREZA DA MATERIA


1.1. A materia Estratexia da Comunicación Publicitaria está incluíada no plan de estudios da Grao en Publicitade e Relacións Públicas como unha materia de carácter obrigatorio para tódolos alumnos que pretenda conquerir ó mencionado título.


1.2. Esta materia impártese en réxime PRESENCIAL polo que é deber dos alumnos asistir ás sesións docentes prácticas e teóricas e de seminario no horario establecido polo centro.


2. DOS BAREMOS DE AVALIACIÓN DA MATERIA


2.1. O sistema de avaliación da materia, como se explica no programa da mesma, realízase atentendo a tres factores:


a) Superar a parte práctica, coa realización das actividades programadas
b) Superar a parte teórica, mediante un exame escrito que se realizará na
data sinalada polo centro.
c) A asistencia e participación do alumnado nas clases teóricas e prácticas.


2.2. Para superar a parte práctica deberán realizarse as actividades programadas en tempo e forma e sempre baixo a supervisión docente. Ditas actividades realizaránse en grupo e valoraranse por un máximo de 10 puntos.


2.3. Para superar a parte teórica os alumnos deberán superar un exame escrito individual sobre os contidos teóricos que se impartan na aula e que están recollidos nun programa facilitado a comezo de cada curso. Este exame valorarase sobre un máximo de 10 puntos.


2.4. A asistencia a clase é unha condición obrigada para poder se avaliado. Aqueles alumnos que non asistan as clases prácticas e de seminario constarán como SUSPENSOS na parte práctica.


2.5. A avaliación final da materia realizarase aplicando a seguinte distribución:


a) Teoría. Puntuación Máxima 10 puntos. Porcentaxe da nota 40%


b) Práctica. Puntuación Máxima 10 puntos. Porcentaxe da nota 40%


c) Asistencia. Puntuación Máxima 10 puntos. Porcentaxe da nota 20%


 É requisito indispensable obter un mínimo de cinco puntos en cada unha das partes.


3. DA PARTE PRÁCTICA


3.1. Cada unha das actividades da parte práctica será valorada cunha puntuación máxima que lle será comunicada ó alumnado antes de realizar a mesma.


3.2. Tódalas actividades prácticas realizaránse nas sesións prácticas que están programadas nos horarios de docencia da materia. Esto non evitará que, nalgúns casos, os alumnos teñan que cumplimentar os seus traballos fora da aula. En calquera caso, será labor do docente tentar que os alumnos saquen o máximo rendemento desas sesións.


3.3. Cada unha das actividades da parte práctica terá unha asignación de horas prácticas que lle será comunicado ó alumnado antes de realizar a mesma.


3.2. Tódolos membros do grupo de prácticas recibirán a mesma cualificación agás naqueles casos en que un membro do equipo se ausente dalgúnha sesión práctica sen causa xustitificada.


No caso de ter faltas de asistencia á prácticas aplicarase o seguinte baremo: a puntuación total acadada polo grupo será dividida polo número de horas prácticas que lle son asignadas a esa actividade e multiplicarase polas horas de asistencia coas que conste o alumno:


Exemplo: A actividade X ten unha puntuación máxima de 3 puntos e deberá ser realizada en 4 sesións prácticas (4 horas). O Grupo Y conseguíu 2 puntos neste traballo. Dos seus cinco membros un alumno Z faltou a 1 sesión práctica: 2 puntos divididos entre 4 sesións = 0,5 puntos por sesión. Cualificación do alumno Z = 1,5 puntos. Cualificación do resto do grupo = 2 puntos.


4. DO CONTROL DE ASISTENCIA


4.1. O control de asistencia do alumnando farase tendo en conta un elemento:


a) En tódalas sesións prácticas e de seminario tomarase nota dos membros dos grupos asistentes


4.2. A intención do control de asistencia non é penalizar os non asistentes senón premiar a constancia dos alumnos que existen regularmente a clase. Por esta razón os estudiantes que cumpran este requisito veránse eximidos das condicións recollidas no apartado 2.5. e poderán superar a materia sen ter que chegar a un mínimo de 5 puntos no exame teórico. Esta posibilidade non será aplicable no caso daqueles estudiantes que non cheguen a un mínimo de 1 punto no exame teórico ou deixen algunha pregunta do exame sen respostar.


4.3. Durante todo o semestre tan só será posible realizar DÚAS xustificacións da falta de asistencia, que deberá ser realizada mediante a presentación do correspondente xustificante médico ou laboral. A decisión de admisión do mesmo dependerá do docente.


5. DA CONVOCATORIA DE XULLO / EXTRAORDINARIA


5.1. O sistema de avaliación para as convocatoria de xullo e extraordinaria é exactamente igual que o de febreiro/xuño, é dicir, sonlle aplicados os baremos recollidos no apartado 2.


5.2. Obsérvanse as seguintes particularidades:


a) Os alumnos que teñan superada a parte práctica na convocatoria de xuño/febreiro e conten coa asistencia completa pero suspendan o exame teórico e como resultado, suspendan a materia tan só terán que superar o exame teórico na convocatoria de xullo dese mesmo curso académico. Se en xullo non superaran a materia, no seguinte curso académico terían que cumplimentar de novo tódolos pasos do apartado 2.


b) Os alumnos que teñan superada a parte práctica na convocatoria de febreiro/xuño e teñan a asistencia imcompleta e suspendan o exame teórico e como resultado, suspendan a materia terán que superar o exame teórico na convocatoria de xullo dese mesmo curso académico e presentar, no prazo establecido, o traballo especial de compensación de asistencia. Se en xullo non superaran a materia, no seguinte curso académico terían que cumplimentar de novo tódolos pasos do apartado 2.


c) Os alumnos que suspendan a parte práctica na convocatoria de febreiro/xuño conten a asistencia completa, e supendan o exame teórico e, como resultado, supendan a materia terán que superar o exame teórico na convocatoria de xullo dese mesmo curso académico e presentar, no prazo establecido, os traballos correspondentes á parte práctica da materia. Se en xullo non superaran a materia, no seguinte curso académico terían que cumplimentar de novo tódolos pasos do apartado 2.


d) Os alumnos que suspendan ou non fagan a parte práctica na convocatoria de febreiro/xuño teñan asistencia incompleta ou nula e suspendan o exame teórico e, como resultado, supendan a materia, terán que superar o exame teórico na convocatoria de xullo dese mesmo curso académico, ademais de presentar, no prazo establecido, os traballos correspondentes á parte práctica da materia e o traballo especial de compensación de asistencia. Se en xullo non superaran a materia, no seguinte curso académico terían que cumplimentar de novo tódolos pasos do apartado 2.


e) Os alumnos que suspendan ou non fagan a parte práctica na convocatoria de febreiro/xuño teñan asistencia incompleta ou nula e aproben o exame teórico e, como resultado, supendan a materia, terán que superar o exame teórico na convocatoria de xullo dese mesmo curso académico, ademais de presentar, no prazo establecido, os traballos correspondentes á parte práctica da materia e o traballo especial de compensación de asistencia. Se en xullo non superaran a materia, no seguinte curso académico terían que cumplimentar de novo tódolos pasos do apartado 2.


5.3. As particularidades recollidas no apartado anterior non son modificables BAIXO NINGUNHA CIRCUNSTANCIA e baséanse nos seguintes criterios básicos:


a) As calificacións dos exames teóricos so teñen validez para a convocatoria na que se fai (febreiro/xuño ou xullo)


b) Os traballos prácticos, pola súa natureza de traballo diario, son válidos para as dúas convocatorias posibles do curso académico (febreiro/xuño, xullo)


c) Trátase de premiar aquelas persoas que amosaron constancia na realización dos traballos e na asistencia ás clases.


6. DA COLABORACIÓN PROFESORADO / ALUMNADO


6.1. En tódolos casos é necesario que o profesor esté informando das actividades que esté realizando o alumno con respecto a esta materia, especialmente no caso daqueles alumnos que pretendan presentarse na convocatoria de xullo.


6.2. No caso dos traballos da parte teórica da materia, a temática dos mesmos deberá ser consensuada previamente co docente. En NINGÚN CASO se admitirán traballos realizados sen ter o visto bo previo do profesorado. A mesma circunstancia é aplicable ós traballos de compensación de asistencia.


6.3. Existe un horario de titorias do profesorado do que serán informados ós alumnos a comezo do curso. Nas titorias resolveranse dúbidas sobre aspectos teóricos e prácticos da materia pero non se poderán facilitar apuntes ou realizar clases teóricas completas.


A presente normativa é aplicable a tódolos alumnos matriculados nesta materia SEN EXCEPCIÓN


En Pontevedra, 8 de xuño de 2010


Emma Torres Romay

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000