Guia docente 2010_11
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Lingua: Lingua galega
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
1. Fundamentar con coñecementos teóricos unha práctica axeitada, coherente e correcta en lingua galega. 2. Saber desenvolverse con soltura en galego estándar tanto de forma escrita coma oral.
saber
saber facer
A7
1. Analizar textos literarios ou de ficción audiovisual nas súas partes constitutivas. 2. Identificar os seus recursos, elementos e procedementos estruturais.
saber
saber facer
A9
1. Aprender a construír textos satisfactorios no contexto profesional da comunicación audiovisual. 2. Aprender a sintetizar textos longos, a expandir textos breves, a reescribir calquera texto noutra tipoloxía textual diferente ou a combinar dous ou máis textos para crear un novo.
saber
saber facer
A26
1. Aprender a planificar, organizar e redactar diversos tipos de textos e documentos relacionados co ámbito académico. 2. Aprender a expoñer de forma axeitada os resultados de traballos académicos de xeito oral ou servíndose de medios audiovisuais ou informáticos.
saber
saber facer
A41
1. Ser capaces de interpretar o ámbito económico, social, político, tecnolóxico e comunicativo a través do discurso lingüístico, así como de apreciar a diversidade cultural e artística e de ser sensible ás repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos. 2. Ser capaces de interpretar o ámbito humano e comunitario galego, atendendo á súa identidade e valores, de mostrar empatía con el e de cuestionar prexuízos e falsos axiomas lingüísticos.
saber
A44
1. Aprender a argumentar e discutir ideas, individualmente ou en grupo, mantendo puntos de vista pertinentes sobre temas xerais ou especializados. 2. Aprender a colaborar en actividades de grupo a través da comunicación oral e escrita das ideas propias e a ser comprensivo e receptivo ás ideas alleas.
saber facer
B2
1. Aprender a asumir os riscos da comunicación. Aprender a ser ousados na expresión e no tratamento. Aprender a necesidade de usar o galego para conservar o espírito comunitario e facer avanzar a cultura da comunidade en que vivimos. 2. Aprender o valor das linguas e das culturas e a orixinalidade con que cada unha delas proxecta a súa visión do mundo.
saber
saber facer
B3
1. Analizar e valorar criticamente exemplos de expresión oral e escrita en galego. 2. Promover a autonomía do alumno para producir e corrixir diversos tipos de textos orais e escritos, empregando axeitadamente os recursos da lingua galega.
saber facer
B5
1. Ser capaces de entender todo tipo de textos e de interpretar produtos audiovisuais, de apreciar as diferenzas estéticas entre eles, de formular razoamentos críticos sobre eles. 2. Ler para aprender a apreciar valores universais coma a beleza, a bondade, a xustiza ou a solidariedade. Ler para detectar a súa ausencia. Ler para entender o lugar que habitamos. Ler para comprender e respectar as posicións alleas, para ter en conta aos outros. Ler para poder razoar criticamente e saber responder aos retos da civilización actual. Ler e escribir para favorecer a expresión dun pensamento crítico, independente, orixinal e tolerante.
Saber estar / ser
B7
Valorar criticamente textos e discursos. Reflexionar sobre a lingua e a cultura audiovisual galegas, e sobre o papel que ambas xogan na Galicia contemporánea.
Saber estar / ser
B8
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000