Guia docente 2010_11
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Lingua: Lingua galega
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminarios Actividades centradas en temas concretos que permiten afondar ou completar os contidos da materia. Poden axudar a complementar as clases teóricas e favorecen a práctica da lingua oral e a exercitación na exposición pública. Para o caso un alumno ou un grupo preparará algún dos subtemas que aparecen no programa fóra da clase con bibliografía axeitada. Os seminarios tamén se poden utilizar para expoñer os avances dos traballos tutelados.
Debates Intercambio de argumentacións entre estudantes ou grupos de estudantes sobre contidos da materia que poden resultar polémicos. O debate podería xirar en torno a temas relacionados coa comunicación audiovisual ou coa lingua, na análise dun caso ou dalgún dos asuntos que se tratasen na clase.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade na que se formulan problemas ou exercicios relacionados coa materia (por exemplo, de corrección lingüística e estilística se nos centramos na necesidade de mellorar a gramática e o léxico). É un complemento indispensable da lección maxistral. O estudante debe desenvolver as solucións adecuadas mediante a exercitación de rutinas, aplicación de procedementos de transformación da información e interpretación dos resultados.
Traballos tutelados Elaboración dun texto académico-divulgativo de certa extensión baseado en investigacións feitas nas áreas de estudo relacionadas co galego e coa comunicación audiovisual. Coa súa realización, o que se pretende é que o estudante traballe de maneira crítica e analítica e se habitúe aos estándares formais das publicacións académicas baixo a orientación do profesor.
Sesión maxistral Exposición do profesor dos contidos da materia coas explicacións pertinentes relativas ás bases teóricas que a sustentan e ás directrices dos traballos, exercicios ou proxectos que os estudantes deben levar a cabo.
Eventos docentes e/ou divulgativos Asistencia a conferencias, charlas ou outro tipo de eventos relacionados co ámbito da comunicación audiovisual e rexistro de notas ou apuntamentos destacados das exposicións dos participantes.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000