Guia docente 2010_11
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Lingua: Lingua galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Valorarase o traballo previo do grupo de estudantes encargados de preparar o tema do seminario; a claridade e orixinalidade da presentación e a participación activa do resto da clase despois da exposición, en particular as preguntas, suxestións e comentarios que se fagan. 20
Debates Valorarase a presentación das posturas, a exposición dos puntos de vista e a calidade dos argumentos. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios O profesor especificará as actividades prácticas que son avaliables. Ao longo do curso iranse valorando, ademais dos informes sobre os traballos tutelados que se vaian entregando, as actividades escritas (exercicios e pequenos traballos) que se fagan. 20
Traballos e proxectos Valorarase o proceso a través do seu seguimento. Na avaliación do resultado final da investigación terase en conta a forma e presentación externa (grafismo, ilustracións), a organización, as fontes e referencias usadas, a calidade dos argumentos e o coidado da lingua. 30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizarase unha proba na que o estudante deberá identificar e corrixir erros lingüísticos en textos escritos e orais ao final do cuadrimestre. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación





Avaliación continua a través do seguimento das
lecturas, titorías e traballos realizados ao longo do curso.


Avaliación global do proceso de aprendizaxe e
adquisición de competencias e coñecementos a través de probas presenciais.


Avaliación baseada na participación activa do alumno e
na entrega dos traballos e exercicios que se requiriron ao longo do curso.


A segunda convocatoria consistirá nun exame escrito e
nunha proba oral. Poderíase valorar tamén a presentación dun traballo
previamente acordado co profesor.


Cualificación numérica de 0 a 10 segundo a lexislación
vixente (RD 1125/2003).


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000