Guia docente 2010_11
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Lingua: Linguaxe publicitaria en galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Valorarase a participación activa, en particular as exposicións, as preguntas, suxestións e comentarios que se fagan. Tamén o traballo previo dos estudantes encargados de preparar a presentación. 15
Debates Valorarase a participación activa e a contribución ao debate e ás conclusións que se poidan tirar da actividade argumentativa. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios O profesor especificará as actividades prácticas que son avaliables. Valorarase a realización e resolución dos exercicios programados. 15
Traballos tutelados Valorarase o proceso e o resultado final do estudo ou investigación. Terase en conta a forma e presentación externa (grafismo, ilustracións), a organización, as fontes e referencias usadas, a calidade dos argumentos e o coidado da lingua. 25
Sesión maxistral Valorarase a asistencia ás aulas maxistrais cando as faltas non superen o 20%. 10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Farase unha proba ó final do cuadrimestre na que o estudante deberá demostrar o uso correcto da lingua, compoñendo un texto ou ben identificando e corrixindo erros lingüísticos en textos escritos e orais. 10
Traballos e proxectos Ademais dos informes sobre os traballos tutelados que se vaian entregando valorarase outras actividades escritas consistentes en pequenos traballos ou proxectos relacionados cos temas do programa. 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua a través do seguimento das lecturas, titorías e traballos realizados ao longo do curso.

Avaliación global do proceso de aprendizaxe e adquisición de competencias e coñecementos a través de probas presenciais.

Avaliación baseada na participación activa do alumno e na entrega dos traballos e exercicios que se requiriron ao longo do curso.

A segunda convocatoria consistirá nun exame escrito e nunha proba oral. Poderíase valorar tamén a presentación dun traballo previamente acordado co profesor.

Cualificación numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000